Será o venres ás 21.30h Presenta a súa obra “E un condón por se pillo”. Este venres comeza a programación de outono no Teatro Municipal de Tui. O monologuista Rober Bodegas presenta a comedia “E un condón por se pillo” na que lembra a chegada do seu espertar sexual. Neste monólogo fai unha reflexións sobre os traumas adolescentes e as inseguridades propias do momento.
Rober Bodegas foi gañador do concurso da TVE “El Rey de la comedia” e é guionista do programa de La Sexta “Se lo que hicisteis”.
A cita será ás 21.30h no Teatro Municipal. As entradas teñen un custo de 5€ e 3€. Pódense adquirir en venda anticipada na web www.culturatui.info, ou hora e media antes da función no despacho de billetes da Área Panorámica
A programación de outono que comeza este venres ofrece un total de dez espectáculos con monólogos, teatro adulto e infantil, danza e música.
Rober Bodegas con “E un condón por se pillo”
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Venres, 1 de outubro
Hora: 21.30h
Entradas: 5€ e 3€ venda en www.culturatui.info ou no despacho de billetes hora e media antes do comezo da función.
Sem comentários:
Enviar um comentário