O Parador de Turismo “San Telmo” de Tui da continuidade neste domingo 26 de setembro, ás 19,00 horas, a unha interesante iniciativa iniciada no pasado mes de marzo que baixo o nome de “Anecdotario tudense” desenvólvese o último último domingo de cada mes. Unha tertulia arredor de anecdotas da vida da nosa cidade ao longo do tempo; cada mes unha persoa de Tui abre a tertulia narrando unha destas anecdotas e abrindo así o turno para a intervención dos asistentes.
Neste domingo será Manuel Vázquez de la Cruz quen encete esta nova andaina das tertulias do Parador con dúas historia: “Varón y plebeyo” e “El indiano enamorado”. Será presentado pola corresponsal do “Faro de Vigo” no Baixo Miño, Eva González.
Este ciclo de “Anecdotario tudense” terá continuidade nos vindeiros meses coa intervención doutros veciños de Tui. Para o director do Parador, David Villar Alonso, esta iniciativa tenta dinamizar a vida e a actividade deste establecemento hosteleiro tudense e recuperar os seus tradicionais lazos de unión coa cidade de Tui e os seus veciños. Trátase dunha tertulia aberta á participación de todos os interesados que queiran achegar as súas anecdotas e curiosidades arredor do tema ao que se dedica a tertulia de cada mes.
No pasado mes de marzo foi Alberto Estévez Piña quen abriu esta tertulia, continuando nos meses seguintes Javier Rodríguez Vázquez, Jesús Pazo Diz e D. Ricardo García Fernández.
David Villar Alonso agradece a todos os participantes a sua xenerosa colaboración así como o apoio do Concello de Tui que anima esta interesante iniciativa que pretende plasmarse nunha publicación ao final do ano, na que recolla as principais anecdotas deste ciclo.
Sem comentários:
Enviar um comentário