A Deputación de Pontevedra convoca unha serie de subvencións e axudas dirixidas a colectivos da provincia cun orzamento total de 3.130.000 euros. As axudas van dirixidas ás asociacións culturais e veciñais, entidades de iniciativa social e aos clubs deportivos, rematando o prazo de solicitude o 7 de febreiro.
O apoio económico ás asociacións culturais vai encamiñado ás actividades de promoción e difusión cultural así coma en forma de financiamento de actividades, e adquisición de instrumentos e vestiarios. Por outra banda, as subvencións para as asociacións veciñais buscan apoiar os investimentos , tanto por obras coma por adquisición, consideradas de interese público.
As entidades de iniciativa social que realicen intervencións para favorecer a integración social ou laboral dos grupos máis vulnerables da sociedade poden tamén optar a estas axudas.
A Deputación de Pontevedra inclúe por último, neste plan, aos clubs deportivos promovidos por organismos oficiais ou federacións deportivas galegas na provincia de Pontevedra que queiran participar en ligas e competicións de ámbito comarcal, provincial, autonómico ou nacional .
O Concello de Tui ofrece como consecuencia, un servizo de asesoramento aos colectivos e cidadáns interesados en participar destas axudas na Casa do Concello en horario de mañá de luns a venres.
As bases das mesmas aparecen publicadas integramente no BOP núm.4, do mércores 8 de xaneiro do 2014 .
Sem comentários:
Enviar um comentário