Unha trintena de alumnos de 1º da ESO do IES San Paio, acompañados polos seus profesores, visitaron onte o Concello de Tui onde foron recibidos polo alcalde, Moisés Rodríguez, a concelleira de Educación, Vanesa Rodríguez, e varios membros do equipo de goberno.
O alumnado do IES San Paio coñeceu así de primeira man o funcionamento da administración local, percorrendo as distintas dependencias da Casa do Concello. Explicaron ao rexedor que no marco dun proxecto interdisciplinar que están a realizar están a facer un estudo sobre as zonas verdes do instituto avaliando como melloralas. Unha das opcións barallas é a colocación de bancos nos xardíns do centro, motivo polo que na visita que realizaron ao Concello aproveitaron para exporlle ao alcalde esta solicitude tal e coma tiñan feito con anterioridade no escrito onde solicitaron ser recibidos.
Moisés Rodríguez, alcalde de Tui, valora de forma positiva o interese destes mozos e mozas por coñecer a administración máis cercana a eles, o seu funcionamento, departamentos e servizos.
Sem comentários:
Enviar um comentário