quarta-feira, 15 de janeiro de 2014

O CONCELLO ADQUIRE UNHA PLATAFORMA ELEVADORA PARA OS SERVIZOS MUNICIPAIS

Dende hai uns días o Concello de Tui conta cunha plataforma elevadora e remolcable para os diversos servizos municipais que foi adquirida logo do correspondente proceso de adxudicación do subministro deste equipo.
A devandita plataforma supón un investimento de 26.450,60 euros e facilitará numerosos traballos dos operarios do Concello en labores de mantemento de instalacións municipais garantindo a súa execución en axeitadas condicións de seguridade dos propios traballadores municipais.
Esta plataforma posibilita acadar unha altura de 12,20 metros mediante un brazo telescópico superior que funciona mediante un sistema hidráulico e posúe as medidas de seguridade establecidas pola normativa vixente (estabilizadores, válvulas de seguridade e alarma sonora, sistema de descenso de emerxencia, etc.).
Para o goberno municipal tudense o investimento realizado na adquisición desta plataforma elevadora supón unha mellora substancial na seguridade e eficacia no traballo, xa que ata o momento o Concello non dispuña deste tipo de maquinaria para desenvolvemento de traballos de servizos municipais.

Sem comentários:

Enviar um comentário