Os interesados poderanse anotar ata o 20 de marzo
A Concellería de Cultura de Tui vén de abrir o prazo de inscrición para a XVIII Feira de Artesanía que se vai celebrar na cidade o sábado 3 e o domingo 4 de maio. O obxectivo deste evento é apoiar a comercialización do produto artesán coa convocatoria de 30 postos de venda directa, a promoción e difusión da actividade artesáns achegándoa ao público dun xeito claro e preciso. Tamén se persegue a dinamización do Conxunto Histórico de Tui, do Centro Comercial Aberto e da cidade de Tui no eido comercial, social e cultural.
Sem comentários:
Enviar um comentário