A Asociación “Amigos da Catedral de Tui”, en colaboración co Cabido S.I Catedral, o Concello de Tui e a Aula UNED tudense, organiza un ciclo de conferencias titulado “Relixiosidade popular na historia: un diálogo multidisciplinar entre cultura, arte e espiritualidade”. O curso terá lugar do 31 de xaneiro ao 2 de febreiro e busca achegar ao público en xeral a relixiosidade popular no contexto socio-cultural da comarca do Alto Miño Luso e o Baixo Miño Galaico.
Os poñentes descubrirán aos asistentes as diferentes formas de manifestación desta relixiosidade popular dentro da tradición, a arte e a cultura nas dioceses de Tui e Braga.
O seminario comezará o venres 31 de xaneiro co relatorio “A relixiosidade franciscana no sur de Galicia e norte de Portugal”, a cargo de Mª Dolores Fraga Sampedro profesora titular de Historia do Arte na Universidade de Santiago de Compostela. O sábado 2 de febreiro ás 20h Domingo González Lopo, profesor de Historia na USC, continuará con este percorrido histórico pola relixiosidade popular coa conferencia “Confrarías e relixiosidade popular a beira da raia luso-galaica: as dioceses de Tui e Braga”. A clausura do ciclo, o domingo 2 de febreiro, contará coa participación do historiador tudense Suso Vila impartirá ás 18h a conferencia “As orixes do culto da relixiosidade popular na fronteira do Miño. Os exemplos de San Treçon, San Telmo e Santa María do Camiño”. Á súa finalización, realizarase unha visita guiada aos diferentes elementos da relixiosidade popular na Catedral de Tui, Capela de San Telmo e a Igrexa de Santo Domingos. Todas as coferencias terán lugar na Catedral de Tui.
As xornadas son enteiramente gratuítas e abertas a todo o público. Por outra banda, os asistentes que desexen obter un certificado de participación no curso expedido pola Aula da Uned tudense, deberán formalizar previamente a matrícula, que terá un custe de 10 euros, a través da páxina web www.unedpontevedra.es
Sem comentários:
Enviar um comentário