Mañá sábado, 25 de xaneiro, ás 17.00 horas, terá lugar a inauguración das novas instalacións deportivas municipais de tenis de Areas.
Despois de varias actuacións nas mesmas, como o pintado de tres pistas de tenis, o valado perimetral das mesmas, así como a instalación de iluminación, o Concello de Tui conta xa cunha instalación deportiva exclusiva para a modalidade do tenis, que satisface as necesidades da poboación tudense, así como as do Club Tenis Tui.
Con esta intervención o Concello de Tui continúa amosando o seu interese pola practica e desenvolvemento do deporte base e pola creación dun amplo abano de equipamentos deportivos que abranguen as diversas especialidades que contan con afeccionados na nosa localidade, como é agora o caso do tenis.
Sem comentários:
Enviar um comentário