Nas últimas datas o Concello de Tui ten recibido diversas axudas e subvención para a realización de obras de mellora dos servizos e equipamentos públicos que redundará nunhas importantes melloras para os cidadáns, especialmente das zonas rurais do noso municipio. O investimento aprobado por parte das diversas administración públicas acada os 342.903,02 euros.
A Deputación Provincial de Pontevedra, través do seu Plan de Obras e Servizos do ano 2013, ten concedido ao Concello de Tui diversas obras e intervencións especialmente para pavimentacións no rural. Os proxectos beneficiado, e que se executarán de inmediato, son a
“Mellora da pavimentación no vial Sambade- A cruz de Malvas”,
“Mellora da pavimentación no lugar da Devesa, Rebordans”,
“Mellora da pavimentación en camiños nas proximidades do Lugar de Seixal, Baldrans”,
“Mellora da pavimentación nas proximidades do lugar do Pozón, Caldelas”,
“Mellora da pavimentación no Lugar de Saides- parroquia de Pexeguieiro”,
“Mellora da pavimentación nos lugares de Cotarel e Corvaceiras” de Randufe
“Mellora da pavimentación no lugar do Anxo, Pazos de Reis”.
Amais ao abeiro do devandito Plan de Obras e Servizos a Deputación Provincial financiará a realización dun “Parque infantil no CEIP nº 2 de Tui” así como a “Adquisición dun vehículo para servizos municipais”. Pola súa banda, a “Instalación dunha tirolina e tobogán no Paseo Fluvial de Tui” recibe unha subvención de 26.093,15 € do servizo de cooperación da Excma. Deputación provincial de Pontevedra, quen subvenciona así mesmo os restantes proxectos aprobados cun total de 264.988 Euros.
Tamén a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural e do Mar concedeu unha subvención de 39.355,25 € para a “Mellora de pavimentación de camiños rurais nas parroquias de Pazos de Reis, Paramos e Caldelas” .
E finalmente cabe lembrar a subvención para o “Acondicionamento das parcelas municipais lindeiras co paseo fluvial “ da Dirección Xeral de Conservación de Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que ascende a 12.466,62 euros.
Para o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, este importante volume de investimentos contribuirá a mellorar os equipamentos e servizos que proporciona o Concello de Tui aos seus veciños contribuíndo eficazmente a garantir unha axeitada calidade nos mesmos. Paralelamente estes investimentos testemuñan o importante traballo realizado dende o Concello para lograr estas obras e intervencións e o compromiso con Tui das diversas administracións públicas que o Alcalde agradece.
Sem comentários:
Enviar um comentário