En días pasados o Concello de Tui recepcionou definitivamente un vehículo todo terreo adquirido recentemente para prestar servizo en materia de medio ambiente e para labores de Protección Civil. A compra deste vehículo realizouse ao abeiro dunha achega do Fondo de Compensación ambiental da Xunta de Galicia.
Trátase dun Vehículo Ford Ranger/2AB/QJ2R4P - dobre cabina XL TDCI 4x4 150 CV. de 6 v. Man., cor branco, con gancho de remolque, e con combustible diesel. Polas súas características este novo vehículo está indicado para realizar desprazamentos por paraxes naturais ou de certa dificultade de circulación.
A adquisición del automóbil foi realizada mediante concurso público que foi gañado por unha empresa tudense.
O Fondo de Compensación Ambiental foi posto en marcha polo Goberno galego no ano 2010 -procedente do canon eólico- e permitiu que por primeira vez os concellos galegos se beneficien directamente da explotación de enerxía eólica en Galicia. A medida, ademais dun forte compromiso coas facendas locais e o medio ambiente, é unha clara mostra da aposta da Xunta polo reequilibrio territorial, xa que beneficia sobre todo a municipios pequenos e do interior de Galicia.
No acto de recepción do novo vehículo participaron o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Tráfico, Seguridade, Protección civil e Medio Ambiente, Ángel Gutiérrez, xunto a outros concelleiros e representantes da empresa adxudicataria do subministro desde vehículo.
Sem comentários:
Enviar um comentário