terça-feira, 28 de janeiro de 2014

Cursos de “Internet básico” e “Éxito escolar” no mes de febreiro da Aula da UNED de Tui

A Aula UNED de Tui acollerá dous novos cursos no mes de febreiro. 
O primeiro “Internet básico: aprende a navegar pola Rede” vai dirixido a persoas maiores ou con descoñecemento das novas tecnoloxías. Ten coma obxectivo que o alumno, cuns coñecementos básicos de Internet, coñeza a web 2.0 dominando o funcionamento dos procesos telemáticos sinxelos e a compra no entorno online.
A actividade, de 10 horas de duración, desenvolverase na Aula CEMIT de Tui , no Edificio da Área Panorámica, a partir do 5 de febreiro todos os mércores de 17h a 19:30h. O prezo do curso son 20 euros.
Por outra banda, o 21 de febreiro comezará o curso “Éxito escolar : estratexias familiares e escolares efectivas” dirixido a tódolos membros da comunidade educativa (estudantes, proxenitores, docentes) que desexen acadar o éxito escolar para sí mesmos e para os estudantes que teñan ao seu cargo.
No curso traballaranse os factores que inciden no éxito académico e nas distintas etapas educativas practicando as técnicas para acadalo, aprendendo a orientar e orientarse vocacionalmente e a sacar o máximo partido das capacidades dos estudantes. O curso, impartido pola psicóloga Iria Calleja Barcia, terá unha carga lectiva de 30 horas e un custe de 50 euros.  As clases terán lugar nas instalacións da aula universitaria tódolos venres ata o 16 de maio de 18h a 21h.
Esta información pode ampliarse na web www.unedpontevedra.es no apartado referido á Aula Universitaria de Tui, donde amais se pode realizar a matrícula destas actividades. 

Sem comentários:

Enviar um comentário