Este mércores, 5 de febreiro, ás 11h., no Teatro Municipal da Área Panorámica, terá lugar a proxección de “Pequeña Miss Sunshine” dentro do programa “O Cine nas Aulas” que realiza o Servizo de Prevención das Drogodependencias do Concello de Tui. É a segunda proxección do programa que se realiza neste curso escolar.
Á proxección asistirán 215 alumnos/as pertencentes a 2º ESO dos IES San Paio, Indalecio Pérez Tizón, Colexio Maristas Sta María e Seminario Menor San Paio acompañados por 12 profesores/as.
Tras a películas recollerán as Unidades didácticas, elaboradas pola Técnica de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais do Concello do Concello de Tui, coas que logo traballarán nas aulas.
O programa “O Cine nas aulas” é unha iniciativa do Servizo de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui. Englóbase dentro do contexto da educación para a saúde e pretende ser un instrumento complementario nesta área e dentro do actual sistema educativo. A ferramenta pedagóxica coa que se traballa é o cinema, mediante a proxección dunha película se irá afondando e traballando en diferentes temas de interese relacionados coa educación para a saúde, pois o cine nos divirte pero tamén nos axuda a pensar e aprender.
“Pequeña Miss Sunshine” ten coma protagonista a Olive, unha nena de 7 anos, que desexa participar nun concurso de Misses. Por unha afortunada casualidade, é convidada a participar no competitivo concurso de Pequena Miss Sunshine en Redondo Beach (no sur de California, xunto a Los Angeles). Toda a familia a acompañará nesa viaxe dende Albuquerque (Novo México) na súa furgoneta, nunha surrealista e traxicómica viaxe de dous días ata chegar á competición na que Olive exhibe as súas calidades e desencadea na súa familia reaccións insospeitadas.
Sem comentários:
Enviar um comentário