O Concello felicita a deportistas e clubs por estes novos éxitos
O Concello de Tui desexa felicitar a deportistas e clubs tudenses polos éxitos logrados na fin de semana en atletismo, patinaxe e piragüismo.
Por unha banda a atleta tudense Leticia Fernández acadou un cuarto posto do Campionato de España absoluto sobre a distancia de 1.500 metros, rexistrando a súa mellor marca nesta proba celebrada en Sabadell. Tamén no eido do atletismo Uxía Pérez Bugarín foi terceira, medalla de bronce, no Campionato de España de Cross xuvenil disputado esta fin de semana en Móstoles. Amais Gustavo Rodríguez fíxose co Campionato Galego de Duatlón Cross en Lugo.
Éxito tamén para o Club de Patinaxe Ribex Tui que o sábado proclamábase campión do Trofeo Latina Internacional, en Aluche, coa coreografía “Atrápalo”. Un resultado que anima ás integrantes do club de cara ao Campionato de España que esta fin de semana, 1 e 2 de marzo, se vai celebrar en Santiago de Compostela, onde buscarán a clasificación para competir a nivel internacional.
Compre salientar tamén o Campionato Galego acadado con rotundidade polo Club Kaiak Tudense o pasado sábado no encoro de Verducido. Os de Tui dominaron o k1 senior copando as seis primeiras prazas. As medallas foron para Diego Piña, Víctor Rodríguez e Rubén Millán. Tamén podio para Ana Valera, ouro, e Carla Pérez, bronce, no k1 feminino e para David Costa no c1 masculino.
Sem comentários:
Enviar um comentário