A Oficina Municipal de Turismo de Tui rexistrou un total de 184 consultas no pasado mes de xaneiro, das cales, 148 foron feitas por turistas nacionais e 36 por estranxeiros.
O turista nacional que se achegou en xaneiro ata Tui proviña proviña fundamentalmente da propia comunidade galega, seguidos dos madrileños e castelán leoneses. En canto a orixe do turismo estranxeiro foi fundamentalmente de Portugal, Chile, Italia, Bélxica e Reino Unido.
Pese a que o mes de xaneiro estivo caracterizado pola constante chuvia, recibiron igualmente 31 consultas de peregrinos que optaron por facer o camiño pese as condicións meteorolóxicas adversas. Os 18 camiñantes nacionais que se achegaron á Oficina de Turismo eran principalmente de Galicia e das Illas Baleares. En canto aos 13 peregrinos estranxeiros chegaron de Portugal, Chile e Italia.
A Oficina Municipal de Turismo de Tui, situada na Praza de San Fernando, segue a ofrecer os seus servizos de martes a domingo de 10:30h a 14:30h e de 15:30h a 19:30h.
Sem comentários:
Enviar um comentário