Mañá mércores, 5 de febreiro, dará comezo o curso de deshabituación tabáquica que organiza o Departamento de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui, en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro.
O curso consta de 7 sesións cunha duración de hora en media cada unha, será en horario de tarde, de 18.30 a 20.00 horas nas instalacións da Area Panorámica.
Dende a Concellería de Servizos Sociais, anímase a todas aquelas persoas que desexen deixar de fumar e non o conseguen, a participar nestes cursos pois este tipo de terapias que brindan apoio técnico, consellos, compañía e recompensas son unha das ferramentas máis exitosas para lograr o abandono do tabaquismo.
Sem comentários:
Enviar um comentário