Trátase dunha obra promovida pola Comunidade de Montes que precisou de distintos informes sectoriais
O Concello de Tui concedeu a licenza de obra e actividades á Comunidade de Montes en Man Común de Caldelas para o cemiterio da parroquia no lugar de San Martiño en Foxo. Deste xeito conclúe un longo proceso de tramitacións administrativas para a posta en funcionamento deste novo camposanto.
Cun orzamento de 136.690,23€ o novo cemiterio foi construído ocupando 366,5m2 dunha parcela de 65.836m2 no lugar de San Martiño. Previa a súa execución foi preciso contar co diferentes informes sectoriais entre eles os da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e da Consellería de Sanidade.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, explicou que tralo traballo realizado ao longo dos últimos meses pola Comunidade de Montes de Caldelas e o propio Concello de Tui outorgouse a licenza de actividade para o cemiterio desta parroquia que era unha vella demanda. Lembra que precisamente este fóra un dos seus compromisos coa parroquia de Caldelas, así como a mellora do campo de fútbol que é tamén xa unha realidade. Pendente queda, explicaba Moisés Rodríguez, por realizar o subministro de auga ao barrio do Monte para o que Augas de Galicia ten xa tamén todas as autorizacións para comezar as obras.
Sem comentários:
Enviar um comentário