Este xoves, 13 de febreiro, ás 19h terá lugar na Sala Municipal de Exposicións no edificio da Área Panorámica de Tui a inauguración da exposición fotográfica “Sexo na Pedra” de Federico de la Peña. A mostra poderá visitarse en Tui ata o 16 de marzo.
Na inauguración estarán presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e o autor da exposición, Federico de la Peña. A mostra chega a Tui baixo a organización da Deputación de Pontevedra e do Concello de Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário