Las Grotesques de Madrid representarán a súa particular versión desta obra
A obra escrita por William Shakeapere no século XVI “Mucho ruído y pocas nueces” chega mañá venres ao Teatro Municipal de Tui da man de Las Grotesques de Madrid que porán en escena ás 21.30h a súa particular versión desta comedia romántica.
Elena Lombao, Tusti de las Heras e Celia Freijerio soben ao escenario baixo a dirección de Sonia Sebastián interpretando todas as personaxes da función. O resultado é unha historia de honra e deshonra, de rápidos e intelixentes diálogos, na que o amor debe triunfar por riba de todo. A representación comeza co regreso de Don Pedro de Aragón, e coma este tenta axudar ao conde Claudio, a súa man dereita, a conquistar a Hero, a filla do gobernador. Pero Don Juan tenta sementar a discordia. Por outra parte están Benedicto e Beatriz, dous adversarios irreconciliables, que todos tentan que se namoren un do outro.
O espectáculo, recomendado a partir dos 16 anos, ten unha duración de 80 minutos. As entradas están xa á venda en www.culturatui,info ata o venres ás 13 ao prezo de 6€ e 4,5€. Tamén se poderán adquirir o venres dende ás 20h no despacho de billetes na Área Panorámica.
Las Grotesques con “Mucho ruido y pocas nueces”
Data: Venres, 21 de febreiro, ás 21.30h
Lugar: No Teatro Municipal
Entradas: Á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h, ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes ao prezo de 6€ e 4,5€.
Sem comentários:
Enviar um comentário