Os remeiros Nuria Domínguez, campioa de España en Skiff feminino e Jesús González e Sergio Pérez, campións de España en Dous Sen, xunto ás atletas Leticia Fernández, subcampioa de España promesa en Antequera, e cuarto posto na categoría absoluta en Sabadell, e Uxía Pérez, medalla de bronce no Campionato de España de Campo a Través foron recibidos esta mañá na Casa do Concello de Tui polo alcalde, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, e outros membros do equipo de goberno.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, destacou que “o deporte é fundamental” aludindo ás boas instalacións deportivas que hai na cidade. E dirixíndose aos deportistas explicaba coma grazas á redes sociais poden seguir de primeira man a súa carreira deportiva e os seus éxitos. Ao tempo puña de relevo tamén o importante papel que realizan os distintos clubs deportivos.
O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, salientou que é un orgullo para o Concello e para a cidade estes títulos logrados a nivel nacional por deportistas tudenses. Afirmou que neste acto xuntábanse o presente do deporte na figura do remeiros Nuria Domínguez, Jesús González e Sergio Pérez, e o futuro protagonizado por Leticia Fernández e Uxía Pérez, de quen dixo “acadarán grandes metas se seguen nesta liña”. Aludiu amais ás becas para deportistas de alto nivel que o Concello concede anualmente avanzando que neste 2014 a contía incrementarase ata os 15 mil euros. Afirmou amais Nicolás Lorenzo que “seguiremos apostando polo deporte”
Sem comentários:
Enviar um comentário