Está escrita e dirixida polo tudense Roque Cameselle
Tui é o lugar onde transcorren as aventuras de Bieito Dubidoso, coñecido coma “O Pequeno Mago”, e precisamente no Teatro Municipal de Tui vaise proxectar mañá sábado a película de animación“O Pequeno mago” dirixida por Roque Cameselle. Tras a súa estrea en cines o pasado mes de novembro o público poderá disfrutar agora desta proxección mañá sábado ás 19h.
Baseada no libro “Bieito Dubidoso” escrito por Roque Cameselle a película achéganos ás aventuras de Bieito xunto á súa amiga Destreza que transcorren precisamente en Tui. Este neno de 9 anos fará fronte ao ataque dos piratas normando coa súa sorprendente maxia, pero tamén se enfrontará ao bispo Juan.
As entradas están xa á venda en www.culturatui,info ata mañá sábado ás 13 ao prezo de 3,5€ e 2,5€. Tamén se poderán adquirir o sábado dende ás 17.30 no despacho de billetes na Área Panorámica.
“O Pequeno Mago” de Roque Cameselle
Data: Sábado, 21 de febreiro, ás 19h
Lugar: No Teatro Municipal
Entradas: Á venda en www.culturatui.info ata o sábado 15 ás 13h, ou o sábado dende ás 17.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
Sem comentários:
Enviar um comentário