O alcalde de Tui e deputado provincial, Moisés Rodríguez, fixo entrega este mediodía dos diplomas aos alumnos do curso do "Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios" e "Coidados básicos para persoas maiores" que forman parte do programa Actívate que promove a Deputación de Pontevedra. Estivo acompañado pola concelleira de Servizos de Sociais de Tui, Olga Montes.
Estas dúas actividades formativas realizáronse no Centro de Formación en Guillarei, onde hoxe tivo lugar a entrega de diplomas. Nos mesmos participaron 40 persoas (20 por curso) con idades entre os 16 e 35 anos que se formaron durante 40 lectivas.
O alcalde de Tui e deputado provincial destacou durante o acto de entrega a importancia neste tempos de crise que ten a formación sinalando que “nos tempos que corren canto máis formados esteamos é mellor.” En relación á temática destes dous cursos do programa Actívate salientou a súa importancia para “saber cómo afrontar calquera situación cotiá na que poidamos axudar con esta formación adquirida coma por exemplo o caso de Angrois”. Ao tempo Moisés Rodríguez animou aos alumnos destes cursos a seguir formándose para obter así a mellor capacitación para poder incorporarse ao mercado laboral.
Moisés Rodríguez avanzou tamén o que o Concello solicitará novos cursos á Deputación ao abeiro do programa Áctivate, para seguir así contribuíndo á formación dos máis novos.
Sem comentários:
Enviar um comentário