Este espectáculo abre a programación cultural de 2014. Será este venres ás 21.30h no Teatro Municipal
A compañía Escola da Noite de Coimbra (Portugal) será este venres a responsable de abrir a Programación Cultural do primeiro semestre de 2014 en Tui. Esta oferta cultural na súa totalidade será presentada mañá xoves ás 11h.
A Escola da Noite representará este venres ás 21.30h, no Teatro Municipal de Tui, a obra “Novas diretrizes em tempos de paz” escrita por Bosco Brasil e dirixida por António Augusto Barros. Interpretada por Igor Lebreaud e Jorge Loureiro a obra narra o encontro entre dúas persoas no porto de Río de Janeiro. Un deles é un emigrante polaco que busca unha nova vida coma agricultor, o outro é un oficial da alfándega responsable de darlle ao primeiro o salvoconduto de entrada. O telón de fondo é o inminente final da II Guerra Mundial, e coma cada un dos personaxes viviron e o papel que tiveron na contenda.
A representación ten unha duración de 50 minutos e vai dirixida a público adulto a partir dos 16 anos. As entradas están xa á venda en www.culturatui,info ata o venres ás 13 ao prezo de 6€ e 4,5€. Tamén se poderán adquirir o venres dende ás 20h no despacho de billetes na Área Panorámica.
A Escola da Noite con “Novas diretrizes en tempo de paz”
Data: Venres, 14 de febreiro, ás 21.30h
Lugar: No Teatro Municipal
Entradas: Á venda en www.culturatui.info ata o venres 14 ás 13h, ou o venres dende ás 20h no despacho de billetes ao prezo de 6€ e 4,5€.
Sem comentários:
Enviar um comentário