Os 400 exemplares publicados serán repartidos entre as familias de escolares tudenses e valencianos
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, asistiu esta mañá á presentación do Calendario Escolar da Eurocidade que tivo lugar na Aula Ponte Internacional do Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres. Estiveron tamén presentes varios concelleiros do equipo de goberno de Tui e a directora do CRA Teresa Domínguez.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, destacou que con este calendario cúmprense varios obxectivos, entre eles seguir fomentando a unión entre valencianos e tudenses, neste caso concreto ao través dos nenos que dicía “son o futuro da Eurocidade”. Tamén salientou as boas e diversas propostas que se recollen neste almanaque escolar.
Teresa Domínguez, que foi a encargada de elaborar este proxecto que conta con fotografías de Belén Sousa Valença, explicou que o obxectivo deste calendario é “pór unha pedra máis para que as familias se comprometan co desenvolvemento emocional, persoal e cognitivo dos seus fillos e fillas” engadindo que “temos claro o importante que é que as familias tomen partido e se sexan o piar fundamental na educación dos seus fillos”. No mesmo recóllense unha serie de propostas de actividades para as familias das que seis meses corresponde a Tui e outros seis meses a Valença. Elaborar a lista da compra en familia, ver unha película, leer un libro ou facer unha andaina ou ruta concreta son parte das propostas recollidas.
Por último o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, agradeceu o traballo realizado neste calendario que sinalaba “é un manual de boas prácticas e convivencia” agardando que volva ser unha nova realidade en 2015. Tamén propuña a realización dun encontro entre profesores de Valença e Tui.
Do Calendario Escolar da Eurocidade foron publicados 400 exemplares que serán repartidos entre as familias dos escolares tudense e valencianos.
Sem comentários:
Enviar um comentário