Realizarase
este sábado 8 de agosto, ás 20.30 horas, no novo pavillón
deportivo de Tui
Este sábado 8 de agosto, a partir das 20.30 horas, no novo pavillón
deportivo municipal de Tui, terá lugar o “IV Torneo Eurocidade de
Balonmán”, organizado pola Eurocidade Tui-Valença, en
colaboración co Club Balonmán Tui e a Federación Galega de
Balonmán, no que se enfrontarán o S.D.Teucro, que participará a
próxima tempada na liga ASOBAL, e o A.B.C.Braga.
Tras
o éxito de organización por parte do Club Baloncesto Tui do Campus
Joe Arlauckas, a Eurocidade Tui-Valença, volve a organizar, en
colaboración co Club Balonmán Tui, un evento deportivo de máximo
nivel, que enfrontará a dous equipos de balonmán de primeira
división, sendo a entrada para os espectadores de balde.
No
descanso deste partido, o club tudense organizará un partido entre
os xogadores e xogadoras de categorías base, que acompañarán aos
profesionais nesta cuarta edición do Eurocidade de Balonmán.
Sem comentários:
Enviar um comentário