O Concello de Tui, co obxectivo de regular e crear un marco legal para a celebración da Festa Gastronómica, xa tradicional e con éxito de participación en edicións anteriores, vén de facer públicas as bases de participación e información nesta Festa, que terá lugar o vindeiro sábado 15 de agosto, dende as 19.30h até as 23.30h.
Entre os puntos que figuran nas bases, atópanse que a organización comunica a cada asociación participante que lles facilitará dous postos de venda, dous taboleiros, dous cabaletes (para degustación do produto enfronte os postos), dous contedores de lixo, unha toma de corrente de 2.500w, unha toma de auga cada dúas asociacións e catro manteis; as persoas que manipulan alimentos, ademais dun vestiario adecuado e en perfectas condicións hixiénicas, deberán levar o pelo atado e a cabeza cuberta cun gorro ou complemento similar; ademais ou tódolos vendedores de alimentos deberán estar en posesión do Carné de Manipulador de Alimentos.
Por outra banda, previamente as asociacións solicitantes deberán aboar as correspondentes taxas no departamento de Tesourería, 1,49 € por metro cadrado, valorando a organización que a ocupación por participante será de 10m2, a taxa correspondente será de 14,90 € por participante.
Para completar a información, adxúntase coa seguinte nota de prensa un documento pdf coa información completa contida nas Bases.
Sem comentários:
Enviar um comentário