sexta-feira, 9 de outubro de 2015

O Concello de Tui organiza a II Copa Tideo de Escalada e o I Concurso de Danza Aérea para este domingo

A concellería de Deportes do Concello de Tui organiza, xunto co Club Tideo de Montaña, a II Copa Tideo de Escalada e o I Concurso de Danza Aérea para este domingo día 11 de outubro.
A partir das 9.30 horas dará comezo o I Concurso de Danza Aérea en trapecio y telas nas instalacións do Instituto San Paio de Tui. A bailarina Carolina Touceda, actual presidenta da Asociación de Danza Aérea e Teatro Físico de Madrid, impartirá un taller  intensivo e de nivel avanzado a partir das 15.00 horas e ata as 18.00 horas por un prezo de 25 euros. A final do concurso terá lugar ás 19.00 horas coa entrega de premios a partir das 20.30 horas. Para clausurar o evento a bailarina Carolina Touceda ofrecerá un espectáculo ás 21.00 horas no Paseo da Corredoira.  
Paralelamente, dende as 8.30h ata as 9.30h, os interesados poderán efectuar as súas inscricións para participar na II Copa Tideo de escalada na sede do Club na Rúa Casal Aboy nº19.  Ás 9.30 comezarán as rondas de clasificación, que se alongarán ata ás 13h. Xa pola tarde, ás 18h, terá lugar a final no Instituto San Paio Para rematar, ás 20h será o sorteo e media hora despois procederase á entrega de premios.
As inscricións, que inclúen camiseta, avituallamento e estancia gratuíta no Centro Interfederado de Tui custan 12 euros para os deportistas federados e 15 para os que non estean federados. 
Os que desexen obter máis información poden chamar ó teléfono 677 63 65 39, enviar un correo a tideomont@gmail.com ou consultar o Facebook do Club Tideo. Ámbalas citas deportivas están organizadas polo Club Tideo de Montaña e o Concello de Tui, xunto con outros colaboradores. 

Sem comentários:

Enviar um comentário