A Aula CEMIT, no primeiro andar da Área Panorámica, acollerá mañá mércores, 11 de novembro, á 10h unha charla informativa sobre o Plan de Garantía Xuvenil da Xunta de Galicia. Para asistir é preciso inscribirse no 881 995 700.
A Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea cuxo obxectivo é garantir que os mozos menores de 29 anos poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua ou un período de prácticas logo de rematar a educación formal ou quedar desempregados. Así pois o Plan de Garantía Xuvenil da Xunta vai dirixido a mozas e mozos con idades entre os 16 e os 29 anos. O seu obxectivo é garantir a igualdade de oportunidades no mercado laboral, ofrecer experiencia laboral, formación ou cursos de idiomas e TIC.
Charla sobre o Plan de Garantía Xuvenil
Día e hora: Mércores, 11 de novembro, ás 10h.
Lugar: Aula CEMIT no primeiro andar da Área Panorámica
Sem comentários:
Enviar um comentário