segunda-feira, 2 de novembro de 2015

Novo período de inscricións para a Escola Deportiva de patinaxe da Deputación de Pontevedra

Dado que a Escola Deportiva de patinaxe da Deputación de Pontevedra en Tui dispón de varias prazas dispoñibles nos seus diferentes grupos, o Concello de Tui abrirá un novo prazo de inscrición os días 3, 4 e 5 de novembro. Desta forma, todos os interesados en participar nesta actividade gratuíta terán de novo unha oportunidade para apuntarse nunha Escola que nesta tempada vense realizando no pavillón do CEIP de Rebordáns, impartida polos adestradores do CPA Ribex de Tui.
Para facer a inscrición hai que presentar na secretaría do Concello de Tui, dende ás 09.00 ata as 14.00 horas, a folla de solicitude, debidamente cumplimentada, que poden recoller na mesma secretaría ou descargala na páxina web http://www.depo.es/web/edepo/218.
As prazas outorgaranse por rigoroso orde de inscrición, sendo os niveis, idades e as prazas dispoñibles as seguintes:
Luns 18.00 a 19.00 horas – 5/6/7 anos – iniciación – 3 prazas
Luns 19.00 a 20.00 horas – 8/9/10 anos – básico – 5 prazas
Luns 20.00 a 21.00 horas – 11 a 15 anos – medio – 6 prazas
Mércores 16.00 a 17.00 horas – 5/6 anos – iniciación – 11 prazas
Mércores 17.00 a 18.00 horas – 7/8 anos – básico – 4 prazas
Mércores 18.00 a 19.00 horas – 9/10/11 anos – medio – 8 prazas
Mércores 19.00 a 20.00 horas – 12/13 anos – medio alto – 5 prazas

Sem comentários:

Enviar um comentário