O prazo de presentación de solicitudes será ata o 28 de novembro
Poderán beneficiarse das axudas os clubs deportivos ou agrupacións escolares inscritos no Rexistros da Xunta de Galicia
A Secretaría Xeral para o Deporte aproba as bases reguladoras que rexerán a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.
Poderán ser beneficiarios das subvencións os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, inscritos, en todos os casos, no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas da Secretaría Xeral para o Deporte.
De igual forma, para ser beneficiario destas axudas, é necesario que a entidade
estea dada de alta como nas aplicacións tecnolóxicas de «promoción dunha vida activa e saudable» vinculadas co Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia: Galicia Activa: aplicación de recursos, servizos e instalacións deportivas en Galicia (www.galiciactiva.xunta.es) e Plataforma de xestión de plans, programas, actividades e eventos de Galicia saudable (https://galiciasaudable.xunta.es/actividades/).
As subvencións contemplan, no caso dos clubs e sociedades anónimas deportivas, os gastos derivados da súa participación en competicións de carácter oficial, e no caso das agrupacións deportivas escolares, os gastos acometidos pola participación na campaña do deporte escolar da Secretaría Xeral para o Deporte –programa Xogade–.
Os interesados deberán presentar as súas solicitudes preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), e na Secretaría Xeral para o Deporte (http://deporte.xunta.es/) . Poderase cubrir e imprimir e deberase enviar posteriormente ós servizos provinciais de deportes, no prazo establecido para a súa presentación. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da convocatoria no DOG, é dicir, ata o 28 de novembro.
Sem comentários:
Enviar um comentário