Súmase á Campaña de Especial Vixilancia da Dirección Xeral de Tráfico sobre estes vehículos.
A Policía Local de Tui súmase esta semana, dende luns 15 ata o domingo 21, á Campaña de Especial Vixilancia e Control de Camións e Furgonetas da Dirección Xeral de Tráfico.
En concreto os axentes realizarán inspeccións sobre os vehículos comprobando as autorizacións e documentos, condicións técnicas e elementos de seguridade, entre outros, así coma sobre os condutores no referente ao seu permiso de condución, tempos de condución e descanso...
Os datos que a Policía Local recolla nesta campaña de vixilancia serán logo remitidos á Dirección Xeral de Tráfico.
Sem comentários:
Enviar um comentário