O Concello de Tui anuncia que de xeito inmediato comezarán as obras dos proxectos aprobados ao abeiro do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación de Pontevedra de 2015 que suporán en conxunto un investimento de máis de 476 mil euros.
Así por unha banda vaise acondicionar un parque infantil no Montiño en Rebordáns cun importe de 26.494,86 euros.
En canto a pavimentacións no rural investiranse 52.744,66 euros para a mellora da pavimentación no lugar de Estrada, Randufe, 46.506,63 euros no lugar da Devesa en Rebordáns, 28.897,98 euros en Outeiro, tamén en Randufe, 30.267,62 euros no acceso ao Monte das Penizas dende o Rapadouro, en Paramos, 37.345,62 euros para investir en melloras no lugar de Fonteseca, en Pexegueiro.
Por outra parte tamén de xeito inmediato o Concello de Tui comezará a construír un muro de contención no entorno das Instalacións Deportivas Álvarez Durán, paso previo para a colocación dun novo céspede, co que en conxunto se investirán 120 mil euros. Outros 105 mil euros deste plan provincial serán destinados á sinalización das parroquias e lugares no termo municipal.
Amais grazas ás baixas da adxudicación de obras da Deputación disporase de 29 mil euros para beirarrúas na Gándara en Guillarei, para o pintado de rúas no casco urbano, o asfaltado e pintado do arranxo da rotonda en Guillarei dirección Caldelas.
Sem comentários:
Enviar um comentário