domingo, 21 de fevereiro de 2016

Inscrición para a actividade que se celebrará na Biblioteca Municipal no Día de Rosalía

Ofértanse 30 prazas para nenos e nenas maiores de 5 anos
Xa está aberto  o prazo de inscrición para  actividade que terá lugar o próximo 24 de mes, ás 18h, na Biblioteca Pública Municipal de Tui coa gallo do Día de Rosalía. 
Crearte ofrecerá unha actividade gratuíta de poesía e xogos para nenos e nenas maiores de 5 anos. Ofértanse 30 prazas polo que é preciso inscribirse na propia Biblioteca, por correo electrónico en biblioteca@concellotui.org ou por teléfono no 617 49 81 03.
Neste espectáculo da man de Crearte Rosalía sae dos libros para levarnos a un mundo cheo de palabras e poesía a través dos xogos de creación literaria. Unha actriz-educadora caracteriza á escritora e permite aos escolares coñecer á Rosalía que ri, que xoga e que canta a Galicia. 
Crearte é unha empresa de xestión cultural formada no 2002 co obxectivo de achegar á sociedade a cultura e a educación artística, mediante actividades centradas nas artes plásticas e visuais, a música, a historia e a literatura.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui abre de luns a venres de 9 a 14h e de 16.30h a 20.30h, durante o mes de febreiro os sábados permanecerá pechada.

Sem comentários:

Enviar um comentário