A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, recibiu ao alcalde, Enrique Cabaleiro, no que é o primeiro encontro co actual goberno municipal
A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, recibiu o unha delegación do concello de Tui, formada polo alcalde, Enrique Cabaleiro González, a concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez, e un técnico municipal, co fin de consultar a viabilidade de diversas propostas urbanísticas.
O Concello formulou a posibilidade de levar a cabo unha modificación puntual do actual Plan Xeral de Ordenación Municipal, aprobado en marzo ano 2011, que permita adecuar ou corrixir o grafado do PXOM tras a detección dalgúns erros por parte dos técnicos.
Neste senso, a secretaria xeral expuxo a tramitación necesaria para unha modificación puntual do planeamento vixente: aprobación inicial polo Pleno municipal, exposición pública, solicitude de informes sectoriais etc. e ofreceu o apoio e colaboración técnica para a resolución de calquera consulta ou dúbida relacionada coa mesma.
O alcalde manifestou que o Concello procederá a iniciar o expediente co fin de clarificar as afeccións sectoriais dalgunhas zonas que neste momento impiden o desenvolvemento dalgúns núcleos rurais.
in Infomiño
Sem comentários:
Enviar um comentário