O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado un espectáculo de
maxia teatralizada titulado “Máxico Circus Cabaret” cargo de
Cayetano Lledó. A partir das 18.30h o público poderá disfrutar
dunha fusión entre maxia e teatro para toda a familia.
Cayetano
Lledo, presidente da Asociación de Magos Profesionais de Galicia, é
produtor e distribuidor de teatro, ilusionista e actor de
improvisación. A comedia e a máxica cómica centran as súas obras
nas que mestura estilos teatrais con elementos de circo.
En
“Máxico Circus Cabaret”, o espectáculo que este sábado achega
a Tui, conta a historia dun patrón de circo, no que xa non traballa
ninguén, que para que continúe o espectáculo ten que parodiar a
diversos personaxes coma Grocho Marx, a muller Barbuda, un mago
chinés… Ao longo da función sucédense elementos de maxia,
clown, comedia, teatro de improvisación, pantomima, hipnose,
manipulación de obxectos e cartas, malabarismo… Todo nun
espectáculo dirixido a público familiar.
As
entradas están á venda en www.culturatui.info ata
este sábado ás 12h ou o sábado pola tarde dende ás 17h no
despacho de billetes da Área Panorámica ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
Cayetano
Lledó presenta "Máxico Circus
Cabaret"
Lugar:
Teatro Municipal de Tui
Data:
Sábado, 20 de febreiro, ás 18.30h
Venda de
entradas:
En en
www.culturatui.info ata o sábado 20 ás 12h
No despacho
de billetes o sábado dende ás 17h
Prezo:
3,5€ e 2,5€.
Sem comentários:
Enviar um comentário