sábado, 26 de novembro de 2016

Festa Hortera en Tui

Chega a primeira Festa Hortera da Asociación Cultural Betún, a nosa exaltación do orgullo do casposo que cada un de nós temos dentro. Esa camisa que leva anos agochada no profundo do teu armario, esa canción que tarareas a escondidas con medo a que te escoiten, ese póster dos Back Street Boys que aguantou todo este tempo extraviado, as danzas e coreografías que que baillas emocionado no teu cuarto.. ao fin terán a súa festividade!
Contaremos con sesión de karaoke para que saques ao Tino Casal que sempre levaches dentro. Fechando a noite preparade as caderas para a sesión caspa turbo mix das sempre asombrosas Dj Rapante & Dj Castañeta que prometen sumerxirse a fondo na historia da música chiringuiteira.
Ademáis ao longo da noite premiaremos os mellores atuendos nomeando a Miss e Míster Caspa 2016. 
Deixa sair ao personaxe que levas dentro! Ven á Festa Hortera!
--------------------------------------------
entrada de balde
--------------------------------------------
Lembrámosvos que para acceder ás instalacións da Asociación Cultural Betún é necesario ser socio.
Poderás facerte socio nas nosas instalacións, en horario de actividade, por 2€ anuais os Socios Beta, e por 5€ mensuais os Socios Betuneiros.
Os socios que non desexen disfrutar das actividades poderán facer uso do resto das instalacións da AC Betún.

Sem comentários:

Enviar um comentário