sexta-feira, 11 de novembro de 2016

Funkente en Tui

As sesións de Funkente levan sendo unha referencia de clase e ritmos bailables nas noites tudenses dende hai máis de 15 anos. Funk, soul, deep, electro.. Unha ocasión fantástica para desfrutar dunha selección musical exquisita. 
Lembrámosvos que para acceder ás instalacións da Asociación Cultural Betún é necesario ser socio.
Poderás facerte socio nas nosas instalacións, en horario de actividade, por 2€ anuais os Socios Beta, e por 5€ mensuais os Socios Betuneiros.
Os socios que non desexen disfrutar das actividades poderán facer uso do resto das instalacións da AC Betún.

Sem comentários:

Enviar um comentário