Ás doce deste mediodía o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a xefa provincial de Costas, Cristina de Paz, visitarán a senda peonil construída á beira do Miño entre o Centro Interfederado, na rúa Olímpicos Tudenses, e a vella Ponte Internacional.
O proxecto, que supuxo un investimento de 70 mil euros, comezou a executarse no mes de abril sendo realizado pola Dirección Provincial de Costas.
Dende o Concello de Tui apóstase polas sendas peonís á beira do Miño e doutros ríos, para pór en valor esta riqueza natural e patrimonial ao tempo que servirán coma elementos de dinamización turística e económica. De feito traballase en dous novos sendeiros que unirán Tui e Salvaterra e Tui e Tomiño.
Sem comentários:
Enviar um comentário