Cando de golpe quedas sola, daslle voltas a todo, analízalo, búscaste y rebuscas no interior para atopar a motivación nalgo importante para ti. Como parte da vida cando chegas ao límite non queda máis que voltar aos inicios, comezar de novo. Ahí aparece o folklore, as raices, o sentimento casi perdido agora é o único que nos queda. De forma espontánea comeza esta historia, formato duo tradicional, sonidos de cordas e percusións producidos so de forma acústica, apego e inspiración pola natureza, cen por cento algodón. Evocando experiencias propias que se moven en diferentes atmósferas íntimas, pasionais, psicodélicas e festivas que transmiten sentimento e resentimento alterando a percepción do tiempo. Infinidade de influencias compoñen esa identidade que busca en cada actuación a total empatía co ointe.
Helen, guitarra, voz e actitude
Shanna, batería, percusión e paixón
--------------------------------------------
entrada de balde
Sem comentários:
Enviar um comentário