quinta-feira, 10 de novembro de 2016

Taller de Maquillaxe en Tui

Unha vez máis está na nosa casa betuneira Marian Simón, esta vez tras participar no primeiro Concurso Internacional de Bodypainting 2016, Body Art Fest que tivo cabida o pasado 21 de outubro en Vigo, a nosa profe de caracterización preferida conseguiu o segundo premio en dito certame, queremos dende aqui felicitala pola súa adicación e bo facer e animámosvos a participar no segundo nivel que impartirá na nosa asociación en tan só unhas semanas! Este segundo nivel non é vinculante co primeiro polo que se estades interesados non dubidedes en anotarvos no noso curso de Efectos Especiais, calqueira dubida será respostada no seguinte enderezo electrónico: programacion.acbetun@gmail.com, non deixes escapar esta magnífica oportunidade e anótate agora que aínda quedan prazas !!!! Un saúdo esperámosvos en Rúa Cuenca 82!

Sem comentários:

Enviar um comentário