O Concello de Tui aposta pola formación dos seus cidadáns con iniciativas municipais coma o curso de “Acompañamento e mentoring, persoal e profesional para a mellora da empregabilidade” que se vai celebrar na Aula CeMIT na Área Panorámica entre o 21 de novembro e o 13 de decembro. Vai dirixido tanto a persoas que están buscando emprego, que están pensando en crear a súa propia empresa ou a aqueles traballadores que desexen mellorar no seu negocio.
O curso, que ten carácter gratuíto, constará de 20 horas de formación grupal e 12 horas de mentoring personalizado a impartir de 20 a 22h a cargo do grupo Arestora e financiado polo Concello de Tui.
A inscrición para esta actividade formativa está aberta e os interesados deben dirixirse ao Centro de Formación Municipal en Guillarei, ao teléfono 986 60 39 49 ou ao correo cfo@concellotui.org. As prazas son limitadas ofertándose un máximo de 15.
Sem comentários:
Enviar um comentário