Os veciños da parroquia de Areas en Tui denuncian a falta de accesos a unha área comercial de recente construción. En concreto trátase de catro superficies comerciais a carón da confluencia entre a A-55 e e a estrada de Tui. A única forma de acceder é polas beiravías e atravesando as rotondas. Os veciños piden pasos de peóns e sinalización semafórica.
En Tui ir ao supermercado a pé é unha práctica de risco. Concretamente na parroquia de Areas as catro superficies comerciais situadas na confluencia entre a autovía A-55 e a estrada de Tui carecen de accesos para peóns. Os aparcadoiros destes supermercados están cheos, pero as persoas que acceden a pé atópanse con accesos sen beirarrúas, sen semáforos nin pasos de peóns.
Cruzan como poden. Atravesan a estrada cando non hai tráfico e mesmo cruzan polo medio das rotondas. Os veciños son conscientes da perigosidade que supón acceder a estes supermercados.
O lugar sufriu unha gran transformación coa apertura de grandes superficies. Os veciños denuncian a falta de planificación da zona e esixen dotala de accesos peonís, beirarrúas e sinalización.
in TVG
Sem comentários:
Enviar um comentário