Mañá, 1 de decembro, celébrase o Día Mundial da SIDA, motivo polo que dende o Servicio de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui, como se adoita facer cada ano, se levarán a cabo unha serie de actividades con carácter informativo e preventivo sobre esta actividade.
Así por unha banda na fachada da Área Panorámica, colócase unha pancarta informativa sobre a SIDA dirixida a poboación en xeral. O lema da campaña deste ano é “Levantemos as mans pola #prevenciónVIH”.
Por outra parte para a poboación escolar teñen lugar obradoiros nos institutos de Tui co obxectivo de promocionar estilos de vida e formas de diversión saudables, desmitificar falsas crenzas e mala información, permitirlle ao mozos e mozas estar a cargo da súa saúde e non ser pasivos, fomentar no marco asociativo xuvenil o desenvolvemento de estilos de vida saudables e ofrecer formación acerca desta enfermidade.
Xa na fin de semana o Servicio de Prevención das Drogodependencias do Concello de Tui, en colaboración cos pubs de Tui, realizará o reparto de preservativos, carteis, dípticos, e folletos informativos sobre esta enfermidade. Todos aqueles locais que desexen sumar a campaña poden solicitar este material informativo no departamento de Servizos Sociais na casa do concello.
Sem comentários:
Enviar um comentário