domingo, 13 de novembro de 2016

Valenciana Mariana Oliveira en Betun

Mariana Oliveira - Art Work é unha artista e tatuadora portuguesa nada en Valença en 1993. Na súa obra manexa con maestría diferentes técnicas nas que sempre destaca o seu trazo exquisitamente limpo. Rematando os seus estudos de Belas Artes en Porto, Mariana é para moitos de nos unha das artistas máis prometedoras e interesantes desta poarte do Baixo Miño.
Acompañando a inauguración da exposición contaremos co dúo portugués de música electrónica experimental Dyslexic Project.
Unha oportunidade para virar artístico o teu domingo! non faltes!
-------------------------------------------------------------
entrada de balde
-------------------------------------------------------------
Lembrámosvos que para acceder ás instalacións da Asociación Cultural Betún é necesario ser socio.
Poderás facerte socio nas nosas instalacións, en horario de actividade, por 2€ anuais os Socios Beta, e por 5€ mensuais os Socios Betuneiros.
Os socios que non desexen disfrutar das actividades poderán facer uso do resto das instalacións da AC Betún.

Sem comentários:

Enviar um comentário