A Área Panorámica de Tui acolle mañá xoves, 24 de novembro, unha xornada sobre a iniciativa SmartPeme da Deputación de Pontevedra. Trátase dun servizo de información e asesoramento, presencial e personalizado sobre as TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) e as Novas Tecnoloxías
Os destinatarios dos servizos do SmartPeme son os autónomos e micropemes e persoas emprendedoras da provincia de Pontevedra. Este servizo conta con puntos de atención permanente no Porriño, Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra e Vigo.
O programa previsto mañá en Tui comezará ás 10h coa apertura da xornada a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o deputado de Innovación e Promoción Económica, Francisco Javier Dios.
A continuación José Antonio Piñeiro, responsable da rede SmartPeme, e Esther Garciñuño, asesora TIC de SmartPeme, presentarán a carteira de servizos de SmartPeme.
A partir das 12h realizaranse xuntanzas individuais coa asesora TIC que se retomarán dende ás 15.30h. O peche da xornada está prevista para ás 19h.
Dende SmartPeme axudan aos autónomos, empresarios ou emprendedores a escoller o marketplace máis axeitado para o seu negocio, o acompañan durante a implantación do comercio electrónico, o aconsellan nas ferramentas para mellorar a produtividade, e resolven calquera dúbida sobre as TIC.
Os interesados en participar nesta xornada ou nas reunións invidiualizadas co asesor TIC poden solicitar cita previa no 886 20 20 20, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou no formulario de inscrición na web.
Sem comentários:
Enviar um comentário