Xoves 29 de decembro concentración desde ás 11:00 até ás 12:00 na Praza da Inmaculada de Tui
O pasado día 25 de novembro celebrouse una xuntanza de traballo en Santiago, coa asistencia d@s responsables das plataformas
Comarcais da Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornad@s., co fin de debater e consensuar unhanova folla de ruta e un plan de traballo co obxectivo de tratar de acadar a naso finalidade.
Todas e todos coincidimos en que os máis de oito meses sen goberno, no
Estado español, foi moi negativo para o noso colectivo, desde o primeiro día o PP sabe moi ben que o tempo corre contra nós, por iso pretenden
desmoralizarnos e desmobilizarnos, pero nós xa tomamos a determinación de seguir defendendo os nosos dereitos.
Non esquecemos que este é un problema político e que a responsabilidade é do PSOE en principio e do PP que a executou. Non se respectan os acordos acadados nos Concellos, Deputacións e Parlamentos (e que eles mesmos apoiaron), nin se atenden as nosas mobilizacións e reclamacións, só llesimporta RECADAR diñeiros fáciles a costa dos economicamente máis débiles.
A nosa acción colectiva das plataformas da Coordinadora Nacional
Galega da cal forma parte a Plataforma do Baixo Miño, exercida perante todos estes anos, deu os seus froitos, é de vital importancia continuar insistindo nas mobilizacións e na vía política, estando presentes nas rúas de todo o País, para seguir esixindo a modificación da Lei 35/2006 do IRPF e o finalda discriminación, que é a clave do noso problema.
Así pois seguimos actuando en consecuencia, esta vez, en Tui, o vindeiro xoves 29 de decembro, realizaremos unha concentración desde ás 11:00 até ás 12:00 na Praza da Inmaculada e contienuaremos con toda unha serie de manifestacións nacionais,e, voltando a levar a nosa problemática por vía política mentras non se acade unha solución das que progresivamente imos ir informando.
in Infominho
Sem comentários:
Enviar um comentário