A primeira cita será ás 11h na sala infantil da Biblioteca Pública Municipal de Tui a onde chega o Apalpador dentro do programa 'Nadal en Galego' da Deputación en colaboración neste caso co Concello de Tui. Pequenos e maiores poderán disfrutar dun espectáculo eminentemente musical que inclúe ao propio Apalpador, a un músico cun acordeón e a un burro fariñeiro, feito en madeira de bidueiro, a través da que se convida aos nenos e nenas a subirse á montura por quendas e viaxar con eles. A 'viaxe' consiste nun percorrido polas lendas da cultura das montañas galegas, para coñecer os animais do bosque e a natureza propia de zonas como O Courel e Os Ancares. A entrada é de balde até completar o aforamento.
Sem comentários:
Enviar um comentário