Andaina e patinaxe solidarios, kung fu, padel e natación enchen a Eurocidade de deportistas
Esta fin de semana ven chea de actividades deportivas en Tui dentro da axenda de Nadal.
Por unha banda este sábado 17 ás 16 hora española celebrarase o 7º Trofeo de Natación de Nadal, organizado polo Clube de Actividades Acuáticas Baixo Miño. Será na piscina municipal de Valença e acollerá a máis de 80 participantes.
Ese mesmo día, a partir das 16.15 horas, no pavillón deportivo municipal vello, o Club Deportivo DiSom Tui organizará un Festival de Nadal de Kung Fu, onde participarán todos os deportistas do club.
O I Trofeo de Nadal de Padel, terá lugar nas pistas de padel de Areas, tanto na xornada do sábado, como do domingo 18. Está organizado polo Club PadelTui e Tenis Areas.
Na xornada do domingo 18, o Club AndaTui Rego da Pedra organiza a Camiñada Solidaria de Nadal, que sairá ás 10.00 horas españolas, dende as Portas do Sol, nas murallas de Valença, para percorrer unha distancia de 8 quilómetros de dificultade baixa. A inscrición é gratuita entregando un quilo de alimento non perecedoiro, podendo realizala a través da web, www.andatui.es
Tamén o domingo, pero ás 17.30h o Club de Patinaxe Artístico Ribex de Tui, organiza o Festival de Nadal de Patinaxe, no novo pavillón deportivo municipal de Tui. Haberá exhibicións dos grupos de competición e das escolas deportivas de patinaxe do club, así como outros participantes de Mos e, como todos os anos por estas datas, terán a visita de especial de Papá Noel e outras sorpresas. Este festival tamén será solidario coa Asociación SOS Tomiño Baixo Miño, dado que os espectadores terán que entregar na entrada do pavillón, un quilo de alimento non perecedeiro.
Sem comentários:
Enviar um comentário