Instaláronse novos bancos, xardineiras, papeleiras e aparca-bicicletas e nos vindeiros días mellorarase a xardinería do centro urbano.
O Concello de Tui ten como prioridade a mellora estética do municipio, pero tamén de mellora de calidade de vida dos veciños e veciñas de Tui. Por isto, nos últimos meses os operarios municipais veñen traballando na mellora, reparación e substitución do mobiliario urbano municipal.
Neste ano 2016 destináronse 13.000€ a substitución do material deteriorado, que non podía ser rehabilitado e o seu arranxo sería superior á reparación. Deste xeito, mercáronse e instaláronse nas rúas de Tui novos bancos, xardineiras e papeleiras para mellorar a estética da cidade e facer máis cómoda e agradable a calidade de vida dos e das tudenses. Ademais, instaláronse aparca-bicicletas, nunha estratexia de fomento de medios de transporte alternativos que melloren o tráfico da cidade.
Ademais, dentro do amplo programa de mellora na ornamentación do municipio, arranxaránosme as papeleiras nas rúas Compostela e Foxo e no Paseo Fluvial, unha vella reclamación dos veciños que agora vese cumprida.
Nas últimas semanas recuperáronse tamén tódolos bancos da Corredoira, da Praza da Inmaculada. Do Parque do Penedo e da zona do Interfederado. Os operarios municipais realizaron traballos de carpintería a través do vernizado e pintado das estruturas.
Antes de rematar este ano, nos próximos días procederase a mellorar a xardinería na Corredoira e nas rúas próximas no centro urbano.
O Concello de Tui chama ao civismo dos cidadáns no uso e conservación do mobiliario urbano que permita manter limpo e en bo estado a cidade na que vivimos. No vindeiro ano, o Concello seguirá fiel ao seu compromiso cos veciños e veciñas co gallo de seguir traballando e mellorando as rúas e camiños municipais tanto no centro urbano coma nas parroquias.
Sem comentários:
Enviar um comentário