domingo, 18 de dezembro de 2016

A Asociación Xuntanza de Randufe organiza este domingo un Festival de Nadal

Que mellor forma de comezar as festas que coa túa Asociación, no FESTIVAL DE NADAL, o vindeiro domingo 18 de decembro ás 18:00h.
Xa estamos en Nadal e dende Xuntanza queremos desexarvos moi FELICES FESTAS.
Que mellor forma de comezar as festas que coa túa Asociación, no FESTIVAL DE NADAL, o vindeiro domingo 18 de decembro ás 18:00h.
Sabes o que é unha regueifa? A Regueifa é un desafío oral improvisado no que os participantes rétanse dialecticamente entre eles, meténdose os uns cos outros.
Viches algunha vez os regueifeiros en directo? Xuntanza ofréceche a oportunidade de coñecelos. Este ano temos a sorte de contar cos mellores regueifeiros de toda Galicia. Eles son o grupo TRIOLIRO:
Luis "O Caruncho" Benito Lobariñas Josinho da Teixeira
Festa asegurada!!!!
Papa Noel tamén ven a festa cos seus elfos, eles serán os encargados de que os nenos estean entretidos con animación, globos e outras sorpresas.
Ó rematar teremos sidra e champaña acompañado de lambetadas típicas do Nadal para desexar e brindar por unhas boas festas e un próspero Aninovo.
Non vos perdades esta festa, exclusiva para todos vós, socios e socias de Xuntanza, por participar e colaborar todo o ano coa vosa asociación. Moitas grazas.
in Infominho

Sem comentários:

Enviar um comentário