Abriuse o prazo para a presentación das solicitudes de autorización de instalación e utilización privativa e o aproveitamento especial do dominio público local por POSTOS DE MERCADILLO, correspondente o próximo ano 2017.
A falta ou desobediencia das obrigas dos titulares das autorizacións darán lugar a multas, polo que de acordo co artigo 9 do capítulo IV do regulamento municipal de venda ambulante n°124 publicado no BOP do 1 de xullo de 2013, poderá revogarse a autorización, sen indemnización nin compensación ningunha, por parte do concello. Así mesmo, se informa que a falta de pagamento dos tributos municipais correspondentes incurrirá no incumprimento de un dos requisitos esixidos no REGULAMENTO MUNICIPAL DE VENDA AMBULANTE como falta moi grave, art.l5 e). con multas de entre 1501 a 3000 euros.
As solicitudes presentaranse no modelo normalizado aprobado polo concello, no que constarán os datos referidos.
No caso de un posto xa autorizado en períodos anteriores, será necesario a presentación da documentación requerida no art.11.3 apartados b),e),d) e e), do presente Regulamento, ao mesmo tempo que deberá ter regularizada a situación a data 31 de decembro de 2016.
Sem comentários:
Enviar um comentário